Thursday 16 de May de 2024

O Concello decide suspender os obradoiros de memoria e informática para persoas maiores logo das restricións decretadas por Sanidade


Desde o goberno local confirman que ‘non hai data exacta para retomar as actividades, e analizaremos o contexto actual para retomar os obradoiros e garantir a seguridade das persoas inscritas’.

O Concello de Malpica decide suspender os obradoiros de memoria e informática para persoas maiores logo das restricións decretadas por Sanidade, e que en ningún caso permiten que na aula se encontren máis de 5 persoas.

Desde o goberno local confirman que ‘non hai data exacta para retomar as actividades, e analizaremos o contexto actual para retomar os obradoiros e garantir a seguridade das persoas inscritas’, aseguran.
Terían que ter comezo o 27 de outubro e os espazos pensados para o seu desenvolvemento ían ser tanto na Casa do Oleiro de Buño como o Centro Cívico de Malpica.
O concelleiro de Benestar, Sergio García, avanza que ‘temos que adaptarnos á realidade máis inmediata, que é a incidencia actual da COVID-19 en toda Galicia, e acatar as restricións que se nos impoñen desde a Consellería de Sanidade, autoridade competente na materia. Agardamos que a situación se revirta o antes posible para volver a impulsar os cursos para os nosos maiores’, subliña o edil.